InicioSociedadeAsí serán as procesións de Lugo tras dous anos de pandemia

Así serán as procesións de Lugo tras dous anos de pandemia

A procesión do Xoves Santo é a única en España en que a Sacra Forma, exposta permanentemente no altar maior da Catedral, sae en procesión polas rúas da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Viveiro, Mondoñedo e Lugo son o epicentro da Semana Santa na provincia de Lugo. En Viveiro sairán ás rúas, durante unha semana 15 procesións con máis de 3.500 confrades. Haberá catro itinerarios diferenciados, dous con saída desde a Igrexa do Convento de San Francisco, outro desde a Igrexa de Santa María e o cuarto desde a Capela Misericordia, o único que cruzará a ponte que une as dúas marxes da ría de Viveiro.

Suso Fernández, tenente de alcalde e membro da Xunta de Cofrarías de Semana Santa do municipio, tamén manifestou que, tras dous anos “moi amolados”, regresan con “moita ilusión” porque “a Semana Santa é unha data marcada no calendario para todos os viveirenses” e, en definitiva, unha data “ineludible”.

En declaracións a EP recollidas por Galicia Confidencial, o viveirense mandou unha mensaxe de tranquilidade aos que se acheguen á localidade nestas festas: “Será unha Semana Santa segura”. Neste sentido sinalou que as maiores aglomeracións pódense dar na Praza Maior, pero insistiu en que “os percorridos son longos, hai rúas máis anchas e non ten porqué haber ningún problema”.

As expectativas no concello da Mariña en canto ao número de visitantes son altas e agora só piden que “acompañe o tempo” porque o demais “está todo preparado”. No que respecta ás confrarías, Suso Fernández explicou que se entregan os capuchóns “completamente hixienizados” e “de forma individual” para que os participantes tamén sentan “seguros”.

En Lugo destaca a Semana Santa de Mondoñedo e a da capital lucense, onde a procesión do Xoves Santo é a única en España en que a Sacra Forma, exposta permanentemente no altar maior da Catedral, sae en procesión polas rúas da cidade.

ÚLTIMAS

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...