InicioSucesosDetido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor dun delito contra os dereitos dos traballadores, delito de ameazas e detención ilegal, por explotar a un traballador estranxeiro nunha zona rural da provincia.

Segundo informaron fontes policiais, a vítima atopábase en situación irregular e moi precaria, polo que aceptou traballar para o investigado sen contrato. Este individuo prometéralle que lle proporcionaría vivenda, comida e un soldo en efectivo, a cambio de que traballase para el. Con todo, aloxouno nunha habitación dunha vivenda nun pobo do rural lucense, case en ruínas, sen xanelas, con humidades e pingueiras, vivindo en condicións infrahumanas e facilitándolle só comida precociñada.

A vítima traballaba de sol a sol, unhas 15 horas diarias e sen apenas cobrar. De feito, estivo a traballar nestas condicións uns 8 meses, e cobrou en total uns 2.000 euros. Ademais, o traballador denunciou episodios de ameazas, coaccións e agresións físicas por parte do empregador. Nun deses episodios, o traballador fuxiu pero o detido deu con el e obrigouno a regresar ao seu posto de traballo, baixo un clima de medo e ameazas, e retívoo alí contra a súa vontade.

A vítima volveu escaparse e logrou chegar á cidade de Lugo, onde se presentou en dependencias xudiciais para denunciar o ocorrido. Alí foi asistido polos axentes e trasladado a un centro médico, onde se certificaron as lesións que presentaba, compatibles cos feitos que relatara; e contactouse con servizos sociais para darlle atención. A investigación derivou na detención do presunto explotador, que foi posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...