InicioSociedadeO número de contaxiados covid na provincia é de pouco máis de...

O número de contaxiados covid na provincia é de pouco máis de 1.500

Descende o número de pacientes nos hospitais nas últimas hors.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso ao situarse en 11.605 no conxunto de Galicia, así como os pacientes hospitalizados, que baixan a 479 –supoñen 26 menos que a xornada anterior–, deles 14 en UCI, mentres que os novos contaxios aumentan a un milleiro –uns 80 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade increméntase ao 19,5 por cento.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, descenden a 14 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos– e a 465 as hospitalizadas en unidades convencionais –24 menos–, mentres que 11.126 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o mércores 30 de marzo– había 465 hospitalizados, 25 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete, entre elas, a de Lugo, onde se manteñen dous pacientes Covid en UCI e redúcense a 39 os ingresados noutras unidades –tres menos–.

CASOS EN DESCENSO

Segue en Galicia a tendencia descendente dos casos activos desde a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións, e redúcense a 11.605, que supoñen 1.031 menos que o día anterior ao haber de novo máis altas (2.041), que contaxios (1.012), ao que se engaden varios falecementos. En Lugo houbo unha baixada de 88 casos e o número total de contaxiados queda en 1.580.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...