InicioSociedadeOs casos covid na provincia ascenden xa a 3.355

Os casos covid na provincia ascenden xa a 3.355

Baixa a presión hospitalaria pero seguen aumentando os casos tras o Entroido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 baixan dos 2.000 diarios e sitúanse nos 1.862 –138 menos que na xornada anterior–, co que os casos activos soben, aínda que máis lentamente –880 máis– e rexistran 19.441. Tamén se incrementa a taxa de positividade ata o 12,44%. Por outra banda, baixan os pacientes hospitalizados por coronavirus ata os 350 –29 menos–.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 27 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha menos– e a 323 as hospitalizadas en unidades convencionais –28 menos–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Lugo que queda sen pacientes en críticos e caen a 29 os doutras unidades –12 menos–.

CASOS EN ASCENSO

En canto aos casos activos de Covid-19 mantense a tendencia ascendente por cuarta xornada consecutiva en Galicia, tras iniciarse esta semana cun descenso, polo que se sitúan en 19.441, que implican 880 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.862) que altas (978), ao que se engaden varios falecementos. As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+188), seguida da de Ourense (+151) e Lugo (+129) que xa ten 3.355 casos activos.

ÚLTIMAS

Complicacións na montaña de Lugo pola neve e o xeo

A Deputación de Lugo traballa desde este luns para facer fronte a un episodio...

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...