InicioSociedadeXulgan a un home en Lugo por abusar sexualmente da filla de...

Xulgan a un home en Lugo por abusar sexualmente da filla de 14 anos duns amigos seus

Como consecuencia destes feitos, a menor sufriu dano emocional que require intervención terapéutica, así como dano moral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulga este mércores, 9 de marzo, un home por un delito de abuso sexual –con acceso carnal– a unha menor, de 14 anos, filla duns amigos do acusado. Fiscalía pide 12 anos de prisión, a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros durante 16 anos e unha indemnización de 50.000 euros.

Segundo o escrito de acusación, o home mantiña unha relación de amizade cos pais da menor, a cuxo domicilio acudía de forma habitual e participaba en celebracións familiares. O home comezou a enviarlle mensaxes por Whatsapp, “prevaléndose desa confianza, con pleno coñecemento da idade (da vítima) e para satisfacer o seu ánimo lúbrico”, sostén o fiscal.

Foi en xuño de 2019, despois do 14 aniversario da nena, cando o procesado convidouna á súa casa. Ao chegar a menor ao domicilio, xa no corredor da vivenda, “comezouna a abrazar e bicar e pediulle manter relacións sexuais, acariñándoa por enriba da roupa”. “Ela díxolle que non, pero el insistiu, foina levando ata o salón, onde lle quitou a roupa e quitouna tamén el, mantendo relacións con penetración vaxinal“, segundo este relato.

O fiscal indica que esa relación se mantivo ata novembro de 2019, en “polo menos” tres ocasións nas que houbo abuso sexual. Estes feitos producíronse nos domicilios tanto do acusado como da familia da menor, ambos na cidade de Lugo.

O procesado pedíalle á moza que non lle dixese nada aos seus pais e ordenáballe que borrase as mensaxes. O 2 de febreiro de 2020 impúxose ao acusado a prohibición de aproximarse á vítima e de comunicarse con ela. Como consecuencia destes feitos, a menor sufriu dano emocional que require intervención terapéutica, así como dano moral.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación estende aglomerado no Corgo sobre o cinto comarcal de estradas

  A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana o estendido do aglomerado en...

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PPdeG propón unha declaración institucional para condenar a vandalización do busto de Manuel Fraga en Vilalba

O PPdeG enviou ao resto de grupos parlamentarios unha proposta de declaración institucional para...