InicioSociedadeImportante baixada de casos Covid na provincia, aínda que aumentan os ingresos...

Importante baixada de casos Covid na provincia, aínda que aumentan os ingresos hospitalarios

Hai case 250 menos contaxiados pero hai cinco pacientes máis nos hospitais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia chega ao final do mes de febreiro cun incremento de pacientes hospitalizados pola Covid-19 ata os 460 –que supoñen unha ducia máis que a xornada anterior–, mentres que os novos contaxios caen a 830 e mantéñense por segunda xornada consecutiva por baixo do milleiro. Polo seu lado, os casos activos proseguen en descenso ata situarse nos 18.068 –implican 1.700 menos– e a taxa de positividade aumenta a un 12,5 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, aumentan a 26 as persoas ingresadas en UCI debido á Covid-19 en Galicia –dúas máis– e a 434 as hospitalizadas en unidades convencionais –dez máis–, mentres que 17.608 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria incrementase na de Lugo que, aínda que segue sen críticos, conta con 52 hospitalizados noutras unidades –cinco máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

A tendencia descendente dos casos activos no conxunto de Galicia mantense ao situarse en 18.068, que representan 1.700 menos que a xornada anterior ao haber máis altas (2.523) que novos contaxios (830), ao que se engaden sete vítimas mortais. Hai unha semana –o luns 21 de febreiro– había 25.970 infeccións activas .

A redución de casos activos de novo é xeneralizada nas sete áreas sanitarias de Galicia, coa de Lugo (-245) que queda en 2.238 casos activos.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...