InicioLugo e contornaLugoDenuncian que a provincia non conta con persoal de enfermaría en xeriátricos

Denuncian que a provincia non conta con persoal de enfermaría en xeriátricos

UGT-Lugo critica que as traballadoras das residencias públicas están sobrecargadas de traballo porque teñen que ir ás residencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario da Federación de Servizos Públicos da UGT de Lugo, Elíseo Rivas, denunciou carencia de persoal de enfermaría en xeriátricos da provincia.

En concreto, Rivas trasladou as “queixas” destes profesionais, “naquelas localidades ou concellos onde existe algún tipo de residencia, non en todos”, pero, matizou, “si por exemplo en Baralla, onde ata hai pouco non contaban con este tipo de persoal“.

“Este é un tema que a Inspección da Xunta debería de tomar cartas no asunto, se finalmente se confirma a ausencia dese persoal”. “Ao non haber persoal de enfermaría neste xeriátrico, o persoal de enfermaría dos centros de saúde públicos ve sobrecargado o seu traballo porque teñen que ir a estas residencias. Isto non só pasa en Baralla”, manifestou.

Eliseo Rivas advertiu que “nestes momentos o convenio que regula as condicións dos xeriátricos en Galicia está na mesa de negociación”, que, ao seu xuízo, “é probable que rompa porque é patético e moi mellorable“. Este sindicalista de UXT sinalou que “a Xunta de Galicia como responsable subsidiaria deste sector debería de implicarse dunha maneira máis clara”.

“Un dos grandes problemas, despois do Covid e despois da entrega e o sacrificio dos profesionais dos xeriátricos pola gravidade de todo o que pasou cos anciáns, o que non pode ser é que a Xunta mire para outro lado. Hai que buscar un novo modelo asistencial e recoñecer o traballo dos profesionais das residencias”, concluíu Rivas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...