InicioSociedadeO número de denuncias por violencia de xénero na provincia de Lugo...

O número de denuncias por violencia de xénero na provincia de Lugo descende case á metade

Así o recollen as cifras dos rexistros da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, cuxa titular, Isabel Rodríguez, apelou a continuar alerta ante esta secuela a pesar do descenso das denuncias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de denuncias por violencia de xénero na provincia de Lugo reduciuse case á metade no último ano ao pasar das 682 do pasado ano ás 344 deste. Así o recollen as cifras dos rexistros da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, cuxa titular, Isabel Rodríguez, apelou a continuar alerta ante esta secuela a pesar do descenso das denuncias.

“Aínda que polo momento observamos unha tendencia á baixa na cifra de denuncias, xa que no ano 2020 rexistráronse 682 e en 2019 foron 753, este segue sendo un dos problemas sociais máis graves aos que nos enfrontamos porque a súa magnitude non é cuestión de números senón do sufrimento das vítimas da violencia machista“, manifestou Rodríguez.

A subdelegada do Goberno na provincia luguesa presidiu este mércores a reunión da comisión técnica de coordinación en materia de violencia de xénero xunto a representantes da Unidade de violencia sobre a muller, Policía Nacional, a Garda Civil, a Policía Autonómica e Institucións Penais.

No encontro repasáronse as cifras deste ano, no que, a 27 de setembro, había rexistrados no sistema Viogen da provincia un total de 599 casos activos dos que un ten a valoración de risco alto, 75 medio, 244 baixo e 279 non apreciado. Así mesmo, 30 vítimas dispoñen do servizo de atención telefónica Atempro e 24 do dispositivo de protección COMETA.

FALLO GRAVACIÓNS A MARUXAINA

Por outra banda, tamén este mércores, o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia criticou a actuación do xuíz de instrución do caso das gravacións nas festas da Maruxaina, que se reafirmou na súa decisión de arquivar a denuncia ao non apreciar delitos nos vídeos obtidos con cámara oculta a mulleres mentres ouriñaban na vía pública que, máis tarde, foron subidos a páxinas web pornográficas.

Para os socialistas, as argumentacións do xuíz instrutor do caso revelan a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero “no acceso á carreira xudicial” para evitar “visións patriarcales da sociedade” en todos os ámbitos.

O PSdeG considera que os feitos rexistrados nas festas da localidade mariñá de San Cibrao –Cervo– foron “un flagrante atentado” contra a intimidade das mulleres que estivo motivado “única e exclusivamente por unha cuestión de xénero”.

Así as cousas, o grupo lembra que nestes momentos tramítase na Cámara autonómica unha modificación lexislativa para incluír os actos que se realizan contra as mulleres a través de Internet como unha violencia de xénero máis.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...