InicioSociedadeLugo rexistra sete hospitalizados pola Covid nun só día

Lugo rexistra sete hospitalizados pola Covid nun só día

Hai 28 hospitalizados en toda a provincia e os casos activos achéganse xa a 1.900.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia inicia a última semana do mes de xullo cun incremento da presión hospitalaria ao aumentar a 258 os pacientes hospitalizados, que supoñen 31 máis que o día anterior, pero cun lixeiro descenso dos novos contaxios a 1.115, que implican 255 menos que a xornada pasada. Os casos activos soben ata os 17.298 e a taxa de positividade repunta a un 15%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, a área de Lugo segue sen pacientes en críticos, pero conta con 28 noutras unidades –sete máis–.

CASOS ACTIVOS

Galicia suma xa 33 xornadas consecutivas de aumento dos casos activos que ascenden a 17.298, que supoñen uns 6.200 máis que o luns anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.115) que altas (570), ao que se engade un falecemento.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en 120 casos na de Lugo que xa ten 1.881.

NOVOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense desde o martes pasado por encima do milleiro, aínda que se reduciron con respecto á xornada pasada ao situarse en 1.115, que representan 255 menos que os 1.370 do día anterior.

En toda a Comunidade galega foron confirmados 1.170 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que supoñen 255 menos que o día anterior, dos cales 175 corresponden á de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...