InicioSociedadeLugo ofrece unha nova edición das Actividades Fluviais no mes de xullo

Lugo ofrece unha nova edición das Actividades Fluviais no mes de xullo

A oferta destas actividades gratuítas amplíase este ano a 10 concellos da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo presentou este xoves 24 de xuño unha nova edición de Actividades Fluviais, un programa de lecer que ofrece actividades acuáticas de balde. O programa está dirixido a un público familair e poderán anotarse maiores de 6 anos no propio lugar das actividades. 

As actividades desenvolveranse durante o mes de xullo nos concellos de Ribeira de Piquín, Trabada, Alfoz, Vilalba, Begonte, Navia de Suarna, Láncara, Ribas de Sil, Monterroso e Guitiriz. 

Con este programa, con actividades como kaiak, paddle surf ou outros xogos acuáticos, a Deputación de Lugo pretende non só ofertar alternativas de ocio ao aire libre, senón tamén “contribuír e dinamizar a vida social e económica dos concellos e mostrar o potencial do rico patrimonio fluvial da provincia”, como apuntou o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.

As Actividades Fluvais tiveron boa acollida nas edicións anteriores, participando no pasado ano 700 rapaces e rapazas de diferentes idades. Os protocolos de prevención da Covid-19, que xa se levaron a cabo na última edición, estarán de acordo ao determindado polas autoridades sanitarias.

Na presetanción deste programa de lecer participaron o presidente da Deputación de Lugo, a Deputada de Réxima Interior, Promoción do Territorio e Turismo e representantes municipais da maioría dos concellos nos que se desenvolverán as actividades. Tomé Roca lembrou como ademais das Actividades Fluviais, a Deputación tamén colabora coa Gold River Race, unha regata que nace sendo a máis longa de Europa.

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...