InicioSociedadeArquivadas as actuacións sobre a Cámara de Comercio por presuntas irregularidades

Arquivadas as actuacións sobre a Cámara de Comercio por presuntas irregularidades

O maxistrado explica no auto, contra o que cabe presentar recurso, que carecen de validez todas as dilixencias acordadas con posterioridade ao 6 de xuño de 2016, data na que venceron o seis meses de prazo máximo legal para a instrución do caso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo acordou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións nas que se investigou a unha ducia de exdirectivos da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo tras a emisión dun informe, por parte do Consello de Contas, correspondente aos exercicios 2010 e 2011 que puña de relevo supostas irregularidades na xestión da entidade.

O maxistrado explica no auto, contra o que cabe presentar recurso, que carecen de validez todas as dilixencias acordadas con posterioridade ao 6 de xuño de 2016, data na que venceron o seis meses de prazo máximo legal para a instrución do caso.

O xuíz indica que, aínda que antes de chegar esa data límite ditouse, o 2 de xuño de 2016, un auto que declaraba a causa complexa e se fixaba o prazo legal máximo en 18 meses –a computar desde a súa incoación–, un exame das actuacións “permite constatar que dito auto se ditou de oficio polo xulgado, sen que o solicitase o Ministerio Fiscal, e sen previo traslado ás partes”.

Por iso, conclúe que ha de entenderse que esa declaración de complexidade e ampliación do prazo legal máximo de instrución da causa “carece de toda validez e, a consecuencia, todas as dilixencias practicadas unha vez precluido o prazo legal máximo inicial de seis meses para a instrución son nulas de pleno dereito”.

Ademais, o xuíz subliña que non é posible realizar novas dilixencias de instrución e recalca que as válidamente practicadas “non permiten concluír indiciariamente que as condutas denunciadas sexan constitutivas de delito“, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...