InicioSociedadeBaixan os casos en Lugo pero mantense a presión hospitalaria

Baixan os casos en Lugo pero mantense a presión hospitalaria

Hai dous ingresados en críticos e seis noutras unidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca a semana na que se cumprirá un mes sen estado de alarma con 54 novos contaios de Covid-19, a cifra máis baixa en meses, e con 1.734 casos activos, que encadean 16 xornadas consecutivas en descenso, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus descenden lixeiramente a 83, un menos.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, que sinala que, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense na de Lugo con dous ingresados en críticos e seis noutras unidades.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid proseguen con tendencia descendente por décimo sexta xornada consecutiva e sitúanse en 1.734, como na segunda quincena de agosto do pasado ano, o que supón 117 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (171) que contaxios (54).Por áreas sanitarias, hai 16 casos menos en Lugo, deixando o número total en 224.

CAEN OS NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba redúcense a 58, que supoñen 16 menos que a xornada anterior, a cifra máis baixa rexistrada en meses en Galicia, tras situarse, salvo un par de xornadas, toda a semana pasada por baixo do centenar.

No conxunto de Galicia foron confirmados 58 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, deles, sete na de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...