InicioEconomíaReparacións urxentes do firme na A-6 e A-8 na provincia de Lugo...

Reparacións urxentes do firme na A-6 e A-8 na provincia de Lugo por 600.000 euros

Actuarase nos termos municipais de Guitiriz, Begonte, Baralla, Becerreá (incluíndose a contorna do túnel de Cereixal), As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, na A-6; e Vilalba, na A-8.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) executará a partir deste mércores, 26 de maio, obras de reparación do firme, a sinalización e o balizamento nas autovías A-6 e A-8, na provincia de Lugo.

O orzamento das obras ascende a 600.000 euros. Deles, investiranse 400.000 euros para reparar os tramos da autovía do Noroeste (A-6) entre os quilómetros 431,9 e 463,4, mentres que 200.000 serán para reparar a autovía do Cantábrico (A-8) entre os quilómetros 578,1 e 593.

Así, actuarase nos termos municipais de Guitiriz, Begonte, Baralla, Becerreá (incluíndose a contorna do túnel de Cereixal), As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, na A-6; e Vilalba, na A-8.

Os traballos desenvolveranse a partir do 26 de maio, e prevese que, a expensas da climatoloxía, poidan quedar concluídos durante o mes de xullo.

O obxectivo é mellorar as condicións destes elementos tras as adversas condicións meteorolóxicas e os sucesivos temporais de choiva e neve do pasado inverno, que contribuíron a acelerar a súa deterioración, explica o Ministerio.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...