InicioSociedadeDetido un sexaxenario tras insultar e ameazar cun machete á súa parella...

Detido un sexaxenario tras insultar e ameazar cun machete á súa parella en Lugo

Tras acudir a Policía á vivenda o home quixo coller un coitelo para autlesionarse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home de 65 anos de idade por un delito de violencia de xénero tras insultar e ameazar cun machete á súa parella.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 13,00 horas do pasado día 7 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi enviada a unha rúa da cidade porque supostamente un home insultaba e ameazaba cun machete á súa parella.

Os axentes accederon ao interior da vivenda onde a muller, “moi nerviosa e chorando”, destacou a Policía Local, manifestoulles que fora insultada “gravemente” pola súa parella actual e que, ademais, colocoulle un machete no pescozo e ameazouna. Segundo manifestoulles aos policías, non era a primeira vez que a insultaba e ameazaba.

Os policías atoparon ao home de 65 anos no salón que saíu á carreira cara á cociña dicindo que se ía a “quitar a vida cun coitelo”, puntualizaron as mesmas fontes, polo que un dos axentes abalanzouse sobre el para evitar que se autolesionase. Posteriormente foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se instruíron as dilixencias por un delito de violencia de xénero para a súa remisión ao xulgado competente.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...