InicioSociedadeDesafiuzado un home en Lugo por non presentar a documentación de vulnerabilidade

Desafiuzado un home en Lugo por non presentar a documentación de vulnerabilidade

Existe en vigor unha suspensión deste tipo de actuacións en relación a persoas vulnerables ata o 9 de agosto en todo o Estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un xulgado de Lugo executou este mércores o desafiuzamento dunha persoa en situación de vulnerabilidade dun piso da cidade a pesar da suspensión existente neste tipo de procedementos por non recibir a documentación necesaria para acreditar esta situación, a pesar de que foi requirida.

O prexudicado é un sesaxenario residente en Lugo, con problemas de saúde e de mobilidade e que recibe axuda a través dos servizos sociais por mor dos seus baixos recursos e da súa situación de vulnerabilidade.

O home residía nun piso de aluguer que non puido seguir pagando polas súas circunstancias, polo que o propietario reclamou xudicialmente o seu lanzamento. O desafiuzamento foi executado este mércores, a pesar de que existe en vigor unha suspensión deste tipo de actuacións en relación a persoas vulnerables ata o 9 de agosto en todo o Estado.

Segundo precisaron fontes xudiciais, o motivo desta situación é que o prexudicado e a súa representación legal non entregaron no xulgado a documentación necesaria para paralizar o proceso por este motivo, “nin na fase previa á sentenza nin na posterior”. A maiores, afirman, a xuíza requiriu en varias ocasións estes xustificantes, pero sen obter resposta, polo que tivo que proceder a executar o que é unha sentenza firme.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...