InicioSociedadeSegue baixando a incidencia da covid nos colexios da provincia

Segue baixando a incidencia da covid nos colexios da provincia

Hai sete casos activos menos e ningunha aula pechada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos non universitarios e escolas infantís da Comunidade galega aumentaron lixeiramente a 609, que supoñen tres máis que a xornada anterior, mentres que as aulas pechadas descenden a 42, unha menos, e mantense un centro clausurado debido á incidencia deste coronavirus, a escola infantil unitaria de Cerdedo por un positivo.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Educación e Sanidade, as infeccións activas aumentan nas áreas da Coruña (+10), Santiago (+3) e Pontevedra (+2) e baixan nas de Lugo.

Nesta provincia redúcense a 31 as infeccións activas –sete menos– e segue por segunda xornada consecutiva sen clases pechadas pola incidencia deste coronavirus.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...