InicioSociedadeA piques de arrincar as obras nunha vía entre O Corgo e...

A piques de arrincar as obras nunha vía entre O Corgo e Castroverde 18 anos despois das expropiacións

A Deputación investirá 378.000 euros para mellorar e ensanchar 1,5 quilómetros da LU-P-1201 entre os núcleos de Coto e Agustín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo asinou este xoves o contrato coa empresa Construcciones Rafer S.L para a execución das obras de ensanche e mellora da vía LU-P-1201, no tramo que une os núcleos de Coto (Folgosa – O Corgo) e Agustín (Castroverde). Prevese que estas actuacións arrinquen nas vindeiras semanas tras 18 anos de espera dende o proceso de expropiación dos terreos. 

O presidente provincial, José Tomé, explicou que a Deputación investirá 378.000 euros nas obras, que afectan a 1,5 quilómetros cuxo firme actualmente está gravemente danado. Os traballos consistirán no aumento do ancho da vía (de 4,5 metros a 7) no movementos de terras, drenaxe transversal mediante a resposición das cunetas con tubos de formigón, a pavimentación con aglomerado en quente, así como a sinalización e o balizamento e limpeza das beiras.

Tomé sinalou que con estas obras “resólvese un problema arrastrado dende o ano 2003, cando se expropiaron os terreos para acometer estas actuacións”. Neste sentido comentou que moitos veciños e veciñas se beneficiarán desta actuación porque se trata dunha estrada que articula os concellos de Baralla, O Corgo e Castroverde.

Está previsto que as obras comecen nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables. O prazo de execución é de 9 meses.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...