InicioSociedadeOs casos activos aproxímanse á barreira dos 200 na área de Lugo

Os casos activos aproxímanse á barreira dos 200 na área de Lugo

Non se observan incrementos na presión hospitalaria e o número de contaxios detectados (10) é menor ca na última xornada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este domingo 18 de abril un total de 192 casos activos, tres máis ca os notificados na xornada de onte polo Sergas. Baixa, iso si, o número de novos positivos confirmados nas últimas 24 horas, que hoxe se sitúan en 10 fronte aos 23 de onte.

Nos hospitais non se aprecian moitos cambios. Segue habendo 10 persoas ingresadas, das cales tres están na Uci do Hula. Os restantes distribúense nas unidades de hospitalización dese mesmo hospital (4) e do Hospital da Mariña (3). O Hospital de Monforte volve quedar libre de pacientes Covid.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas diagnosticadas con coronavirus na provincia de Lugo, curáronse 11.859 e realizáronse 216.174 probas PCR.

GALICIA

A comunidade galega experimenta unha suba na presión hospitalaria á vez que os casos activos seguen medrando por décimo día consecutivo. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...