InicioSociedadeA pandemia afrouxa en Lugo con menos ingresos e casos tras dous...

A pandemia afrouxa en Lugo con menos ingresos e casos tras dous días á alza

Os oito pacientes hospitalizados con coronavirus están a ser atendidos no Hula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 8 de abril 142 casos activos de coronavirus (3 menos ca onte), un descenso que se dá logo de dous días consecutivos de lixeiras repuntas. A cifra de novos positivos detectados a través de PCR nas últimas 24 horas foi de 5.

A melloría tamén afecta á presión asistencial, pois o total de hospitalizacións redúcese a 8 (-2), todas elas no Hospital Universitario Lucus Augusti. Hai cinco pacientes en planta e outros tres que permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 212 persoas diagnosticadas de Covid-19 na provincia de Lugo, curáronse 11.758 e realizáronse 209.323 probas PCR.

GALICIA

No conxunto galego, a tendencia é favorable: os contaxios confirmados descenden a 132 e minguan tamén as hospitalizacións. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...