InicioSociedade'O Sabor das Margaridas', unha serie 'made in Lugo'

‘O Sabor das Margaridas’, unha serie ‘made in Lugo’

A Deputación de Lugo colabora coa primeira serie galega incorporada a Netflix.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo impulsa a proxección internacional da provincia colaborando economicamente coa produción da segunda tempada de ‘O Sabor das Margaridas‘, a primeira serie galega incorporada á plataforma audiovisual Netflix, que se estrea este venres en todo o mundo, explica.

Nesta segunda tempada, a provincia de Lugo ten un papel protagonista ao aparecer como escenario paraxes lucenses como a Ribeira Sacra, o Pazo de Adai, no Corgo, ou a capital lucense.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, subliña que colaborar con esta serie, da produtora galega CTV, supón unha gran oportunidade para a proxección internacional da riqueza paisaxística e cultural da provincia. “É unha maneira moi efectiva de dar a coñecer a nosa terra, de incentivar o turismo”, asegura.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...