InicioSociedadeCheché Real seguirá á fronte da Apehl durante outros catro anos

Cheché Real seguirá á fronte da Apehl durante outros catro anos

Era a única candidatura presentada para encabezar a Asociación Provincial de Empresarios Hostaleiros e do Turismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A asemblea electoral da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) reelixiu o seu actual presidente, Cheché Real, para encabezar a organización sectorial durante outros catro anos.

As asembleas xeral e electoral reuníronse este martes -día 30 de marzo- pola tarde para renovar os cargos directivos da organización. Con todo, ao presentarse unicamente a candidatura de José Francisco Real á presidencia da APEHL, non foi necesaria votación algunha.

A directiva quedou constituída para o próximos catro anos con Real como presidente, José Manuel Cela como vicepresidente e Jacobo García-Bobadilla Prósper como secretario.

Como vogais exercerán Manuel Tapia Rivera, Alfonso Arias Castro, Jesús Díaz Anllo, Manuel Ángel Fernández Díaz, Daniel Romay Piñeiro, Juan Antonio Agra Lago e Rubén Pinín González.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...