InicioLugo e contornaLugoLugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O informe técnico indica a conveniencia de realizar unha prospección xeotécnica complementaria, para concretar con maior detalle o alcance da incidencia detectada e definir, de ser necesarias, as solucións máis adecuadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda que terá unha zona acoutada por motivos de seguridade tras as recomendacións técnicas realizadas despois dunha recente inspección.

Segundo indicou o consistorio nun comunicado, o servizo municipal de Medio Ambiente encargou de forma urxente unha visita de avaliación técnica, que foi realizada o 26 de febreiro, e, como resultado, recomendaron delimitar unha zona concreta do recinto e permitir a reapertura do resto do espazo en condicións de uso seguro.

Neste contexto, este luns sinalizaron a área afectada e procederon á reapertura parcial do canil, que xa pode ser utilizado pola cidadanía.

Así mesmo, o informe técnico indica a conveniencia de realizar unha prospección xeotécnica complementaria, para concretar con maior detalle o alcance da incidencia detectada e definir, de ser necesarias, as solucións máis adecuadas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...