InicioSociedadeA provincia mantén a tendencia descendente en casos activos e ingresos por...

A provincia mantén a tendencia descendente en casos activos e ingresos por Covid

Nas últimas 24 horas só se detectaron dous positivos novos a través de PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 23 de marzo un total de 188 casos activos por coronavirus, cinco menos ca os notificados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas só se confirmaron dous novos casos positivos.

En canto ás hospitalizacións, prodúcese unha nova melloría ao reducírense en dúas, ata os 12 ingresos: nove en planta (oito no Hula, un na Mariña) e tres en Uci.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 211 persoas na provincia de Lugo, curáronse 11.556 e realizáronse 201.018 probas PCR.

GALICIA

En cambio, a nivel autonómico rexistrouse unha lixeira subida dos casos activos de Covid-19 ata os 2.490, o que supón nove máis que a xornada anterior, polo que se freou a tendencia descendente, mentres que se reduciron en 15 os pacientes con este coronavirus ingresados, que se sitúan en 249 en Galicia. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...