InicioSociedadeLugo conta 560 mulleres no sistema de protección Viogen, dous deles de...

Lugo conta 560 mulleres no sistema de protección Viogen, dous deles de alto risco

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta dos datos deste programa que loita contra a violencia machista.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na provincia de Lugo hai 560 casos activos no sistema Viogen de protección das vítimas de delitos de violencia machista, dous deles de risco alto e 56 de risco medio, aínda que non hai ningún de risco extremo.

Así o explicou a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, que presidiu este luns a Comisión técnica provincial de coordinación en materia de violencia de xénero que analizou os delitos de machismo na provincia.

En total, engadiu, son 548 as vítimas rexistradas na provincia, das que 29 son usuarias do servizo telefónico de atención e protección ás vítimas ATENPRO e 21 están dadas de alta no dispositivo de control telemático.

A subdelegada, que lembrou a importancia de traballar coordinadamente na loita contra a violencia machista e na protección das mulleres que a sofren, aplaudiu a renovación dos convenios de colaboración co Ministerio do Interior dos concellos de Vilalba, Ribadeo e Burela, que regulan das policías locais do tres municipios coa Garda Civil para a protección das vítimas.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...