InicioSociedadeArquivada a denuncia contra 'Si, Hai Saída' por revelación de segredos

Arquivada a denuncia contra ‘Si, Hai Saída’ por revelación de segredos

A presidenta desta asociación contra a violencia de xénero acompañara a unha vítima a interpoñer unha denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da asociación ‘Si Hai Saída’ contra a violencia machista, Marta Rodríguez Engroba, informou de que o xulgado de instrución número 1 de Lugo arquivou “provisionalmente” a denuncia que presentara a parella dunha vítima contra a entidade por revelación de segredos.

Engroba precisou que “o xuíz dixo que non existe indicio algún desa revelación de segredos”, a cal se lle atribuía á asociación despois “de acompañar unha vítima de violencia de xénero á comisaría, onde achegou unha serie de mensaxes, whatsapps con ameazas e comentarios da súa exparella que ela mesma entregou no momento da denuncia”.

“Eu simplemente vin as mensaxes polo teléfono móbil que me ensinou cando (a vítima) valorou a posibilidade de denunciar. Eu limítome a acompañala, ela achégaos. No atesado policial que se instrúe eu aparezo como a persoa que entrega esa documentación”, subliñou.

Esa situación derivou nunha denuncia por parte da exparella da muller, “que é un letrado da cidade”. “Era algo que non se sostiña por ningún lado”, insiste Rodríguez Engroba. Asegurou que lle “choca” o arquivo provisional, pero “tampouco” lle sorprende “demasiado”. Interpreta que “a condición” de que o denunciado sexa avogado “puido ter algo que ver”. “Eu non podo evitar a sensación de que non me dean a razón ao cento por cento para que estea calada”, sostén.

“Tamén nos sorprendeu desfavorablemente que ninguén se interesou desde a comisaría por se houbo algunha resolución sobre este asunto, cando (a comisaría) ten un protagonismo máis que importante neste tema”, afeou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...