InicioSociedadeOs casos activos en Lugo sitúanse en 203, cen menos ca hai...

Os casos activos en Lugo sitúanse en 203, cen menos ca hai unha semana

Segundo datos do Sergas, hai 19 persoas ingresadas con coronavirus en planta e outras seis nas Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 15 de marzo un total de 203 casos activos por coronavirus, 1 menos ca os contabilizados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 9 novos positivos, un dato bastante similar ao da xornada anterior, cando se detectaron unha ducia de contaxios a través de PCR.

A situación nos hospitais tampouco variou moito: o Sergas conta 25 persoas ingresadas na provincia (+1). Delas, 19 están en planta (12 no Hula, 2 na Mariña, 4 en Monforte e 1 no Polusa) e outras 6 nas unidades de críticos do Hula.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 210 doentes diagnosticados con coronavirus en Lugo, curáronse 11.462 persoas e realizáronse 196.587 PCR

GALICIA

No conxunto galego volveuse producir unha repunta no número de hospitalizacións por Covid-19. En total, hai 325 ingresadas (+5), aínda que si que diminuíron os pacientes en UCI (74, un menos). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...