InicioPolíticaO presidente da Deputación denuncia a suplantación da súa identidade en correos...

O presidente da Deputación denuncia a suplantación da súa identidade en correos electrónicos

A Deputación de Lugo solicita aos destinatarios destes correos que non os abran, porque poderían tratarse "dunha posible fraude".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, tivo coñecemento este sábado dun “posible uso fraudulento” dos seus datos persoais en diversos correos electrónicos nos que se suplantaba a súa identidade.

Por iso, a institución provincial emitiu un comunicado no que avisa a calquera persoa ou entidade fronte a e-mails enviados desde contas “que non sexan estritamente as súas, aínda que no encabezado poida figurar o seu nome ou algunha descrición moi similar”.

Así, a Deputación de Lugo solicita aos destinatarios destes correos que non os abran, porque poderían tratarse “dunha posible fraude”.

O presidente xa avisou na mañá deste sábado aos contactos que recibiron os ‘mails’ e a Deputación avanza que a situación será posta en coñecemento ao Grupo de Delitos Informáticos da Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...