InicioSociedadeO PP visita Friol para coñecer 'in situ' como lles afectaría aos...

O PP visita Friol para coñecer ‘in situ’ como lles afectaría aos gandeiros o veto da caza do lobo

Os populares volven instar o Goberno a que atenda as alegacións presentadas por comunidades autónomas, concellos e sindicatos agrarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A prohibición total da caza do lobo segue causando malestar e oposición. O PP da provincia de Lugo pediu ao Goberno central que teña en conta as alegacións presentadas por comunidades, concellos e sindicatos agrarios ao proxecto de orde ministerial que inclúe todas as poboacións de lobo de España na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe), o que supón o veto a que se poida cazar.

O PP, no marco do procedemento de consulta pública previa da dita orde, trasladou o seu “absoluto rexeitamento” ante esta medida que consideran “inxustificada, innecesaria e inoportuna”, polo que solicitan unha vez máis que o Executivo desista da súa tramitación.

Así o trasladaron o vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano; e a presidenta provincial, Elena Candia; acompañados do deputado no Congreso Joaquín García Díez; do senador, José Manuel Barreiro, e do alcalde de Friol, José Ángel Santos, entre outros dirixentes populares.

Todos eles puideron coñecer ‘in situ‘ como afectará os gandeiros esta norma durante a visita á comunidade de montes veciñais de Carballo, en Friol, que conta con 700 hectáreas de monte nas que crían cabalos, cabras e porcos da raza celta. Segundo trasladou o presidente da comunidade, Anxo Buján, “nos últimos anos houbo máis de 200 perdas a causa do lobo”. “Temos que convivir co lobo, pero non podemos pagar a factura os mesmos de sempre, os gandeiros”, engadiu.

MEDIDA “AUTORITARIA, ARBITRARIA E ANTIDEMOCRÁTICA”

Os populares repasaron as iniciativas que impulsan nas distintas institucións fronte a unha medida que, se se materializa, “atacaría directamente” á gandaría extensiva actuando, en palabras de Jaime de Olano, de forma “autoritaria, arbitraria e antidemocrática”.

“Estanse desentendiendo do medio rural ao non valorar o conflito que supón a coexistencia do lobo coas gandarías. Prohibir a súa caza atenta directamente contra os intereses dos nosos gandeiros. Parécenos un auténtico despropósito“, esgrimiu Candia. “Non é que o digamos desde o PP, dío o sector”, engadiu.

“NON SE SOSTÉN”

Os populares lembraron que na actualidade no Lesrpe só están incluídos de oficio polo Ministerio os exemplares de lobo ibérico localizados ao sur do río Douro, pero se dita orde sae aprobada incorporaríanse todas as poboacións españolas da especie.

Esta inclusión que “non se sostén desde o punto de vista científico nin da biodiversidade”, segundo o PP, “dificultaría moito” a xestión da especie que realizan nos últimos anos as comunidades con máis poboación de lobos (Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, que concentran o 95% dos exemplares de todo o país).

Ademais de pedir ao PSOE que “se defina” e concrete unha postura, xa que “hai alcaldes que votan unha cousa nos seus concellos e outra distinta na Deputación”, os populares esgrimen que, como xa defendeu a Administración autonómica, “hai garantías de que a explotación realizada sobre esta especie foi e é compatible co mantemento da mesma nun estado de conservación favorable, algo que o ministerio pretende agora alterar”.

Do contrario, adoptar unha medida que prohibe completamente o seu caza, supón “un ataque directo máis á Galicia rural por parte do Goberno de Pedro Sánchez”, en palabras de Jaime de Olano.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...