O total de casos activos por coronavirus continúa en descenso na área sanitaria de Lugo, que este mércores rexistra 427 pacientes con infección activa (29 menos ca onte). Así mesmo, a cifra de novos casos tamén segue sendo baixa (11), aínda que non tanto coma na xornada anterior, na que só se reportaran tres diagnósticos.
Con todo, non se reduce o número de hospitalizacións. A provincia conta 37 persoas ingresadas, unha máis ca onte. Delas, 23 están en planta (19 no Hospital Universitario Lucus Augusti e 4 no Hospital Comarcal de Monforte) e 14 na Uci do Hula. Así, o Hospital da Mariña queda libre de pacientes Covid.
Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 206 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.092 e realizáronse 189.341 probas PCR (792 onte).
GALICIA
Pola súa parte, a comunidade galega baixa hoxe das 100 persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos, aínda que se produce unha lixeira repunta nos contaxios respecto da xornada anterior. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.