InicioSociedadeOrozco di que "nunca" sospeitou de Liñares, para quen pide unha "sentenza...

Orozco di que “nunca” sospeitou de Liñares, para quen pide unha “sentenza xusta”

O exalcalde confía en que se arquive a última das investigacións que pesan sobre el, a relacionada coa ORA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, reivindicou unha “sentenza xusta” para o que fora concelleiro de economía e urbanismo do Concello lucense entre 1999 e 2009 e presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, do que asegurou que “nunca” sospeitou.

Orozco afirmou que “nunca, nunca e nunca” sospeitou de supostas actividades ilegais de Francisco Fernández Liñares, quen estes días está a ser xulgado na Audiencia Provincial de Lugo por suborno e prevaricación na súa etapa á fronte da CHMS.

O exrexedor da cidade reivindicou unha “ten que haber unha sentenza e, a partir de aí, é cando se poderá falar”, asegurou, para lembrar que todas as persoas “son inocentes ata que se demostre o contrario”. “Quen o ten que demostrar é un xulgado e o que tantas veces reclamei para min, reclámoo agora”, engadiu.

SOBRE A CAUSA DA ORA

Orozco, que recentemente foi desimputado do Garañón, confía que tamén se arquive a última investigación que pesa sobre el, que ten que ver coa ORA (estacionamentos na rúa), do mesmo xeito que se foron arquivando o resto de acusacións por parte da xuíza Pilar de Lara.

“Pensando no auto que fixo a Audiencia (Provincial) cando me desimputaron do tema do guindastre e vendo tamén o informe que fixo o fiscal naquel momento e que podía valer para o guindastre e a ORA, teño plena confianza que acabará cun auto de arquivo“. “Non teño a menor dúbida”, conclúe Orozco que a pesar de todo asegura que “confía na xustiza” aínda que “chegue tarde”.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...