InicioSociedadeImplantada a cita previa por Internet na Oficina de Atención á Vítima...

Implantada a cita previa por Internet na Oficina de Atención á Vítima e á Cidadanía

Permite a descarga dos modelos que hai que cubrir para realizar xestións relacionadas con conciliacións, xuízos verbais, xurisdicións voluntarias e monitorios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Oficina de Atención á Vítima e á Cidadanía de Lugo empezou a proporcionar cita previa a través de Internet para facilitar os seus trámites aos usuarios e evitar, deste xeito, a coincidencia de varias persoas na súa sede, así como os desprazamentos innecesarios a ela.

Diso informou o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) nun comunicado remitido aos medios, no que explica que na páxina www.xustiza.gal pódese reservar cita para solicitar xustiza gratuíta para casos de municipios de fóra de Lugo ou para consultas xerais.

Ademais, permite a descarga dos modelos que hai que cubrir para realizar xestións relacionadas con conciliacións, xuízos verbais, xurisdicións voluntarias e monitorios. Unha vez cubertos os formularios, deben entregarse na Oficina de Rexistro, situada na planta baixa do edificio dos xulgados.

O sistema permite pedir cita para solicitar xustiza gratuíta para procedementos de municipios de fóra de Lugo ás 9,00 horas, todos os días. Pola súa banda, as tramitacións de xustiza gratuíta para asuntos de Lugo deben remitirse ao Colexio de Avogados da Cidade.

Ademais, as consultas xerais atenderanse, de luns a venres, en horario de 9.20 a 13.20 horas, cada vinte minutos. Para solicitar información sobre procedementos abertos non é necesario reservar cita.

Os demandantes poden realizar a súa petición a través do correo electrónico cidadan.vitimas.lugo@xustiza.gal, achegando un escrito asinado e unha imaxe do DNI por ambas as caras.

O TSXG explicou que, deste xeito, Lugo súmase á as oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Ourense, Pontevedra e Vigo na posta en marcha deste sistema de cita previa, que se implementará nos próximos días en todas as sedes de Galicia.

Este novo servizo, cuxa implantación se realiza desde a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dependente da Xunta, enmárcase nas medidas adoptadas en Galicia para facer fronte á covid-19 no ámbito da Administración de Xustiza.

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...