InicioSociedadeA área lucense rexistra menos casos activos e unha lixeira melloría nas...

A área lucense rexistra menos casos activos e unha lixeira melloría nas Uci

A provincia conta 767 pacientes con infección activa (28 menos) e nas últimas 24 horas detectáronse 30 positivos novos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos por coronavirus seguen á baixa en Lugo. Segundo os últimos datos do Sergas, a provincia rexistra 767 pacientes con infección activa (28 menos ca onte) e nas últimas 24 horas detectáronse 30 positivos novos.

Ademais, neste martes 23 de febreiro tamén se dá unha lixeira melloría nos hospitais, con 62 ingresados (-2) e unha baixada de presión nas Uci. En concreto, hai 43 pacientes en planta (32 no HULA, 6 no Hospital da Mariña, 4 no de Monforte e 1 no Polusa) e outros 19 na unidade de críticos.

O total de persoas que superaron a enfermidade é de 10.619 dende o inicio da pandemia, e o cómputo de falecidos é de 199, segundo datos do Sergas, que onte comunicou outro falecemento no HULA. Ademais, realizáronse 183.040 PCR (615 onte).

GALICIA

A presión hospitalaria mantense en descenso en Galicia, aínda que o número de ingresados con coronavirus en UCI mantense en 146. Mentres, os novos casos diagnosticados aumentan lixeiramente en tres ata 216, pero os pacientes coa infección activa redúcense a 7.748. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...