InicioSociedadeCinco novos pacientes con coronavirus derivados de Ferrol ao HULA

Cinco novos pacientes con coronavirus derivados de Ferrol ao HULA

Dous deles foron trasladados desde a unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) a última hora da tarde deste xoves, sendo tamén levados á UCI do hospital lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Ferrol derivou a outros cinco pacientes afectados con coronavirus ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Dous deles foron trasladados desde a unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) a última hora da tarde deste xoves, sendo tamén levados á UCI do hospital lucense. Os outros tres foron trasladados ao longo da mañá deste venres, día 29, outro á zona de UCI e os outros dous quedaron ingresados en planta.

Desde o Sergas reitérase que “os traslados interhospitalarios de estaban previstos no Plan de Continxencia como unha medida máis para poder dar resposta á situación cambiante que xera esta enfermidade”.

Inciden ademais que “os criterios para decidir un traslado son clínicos e organizativos” e que “a decisión de que vaian a un sitio ou a outro tómase entre os profesionais asistenciais, segundo a situación de cada área e cada momento”.

DOCE PACIENTES DERIVADOS

Con estes son xa doce os pacientes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal que foron derivados a hospitais doutras provincias, a maioría, ata nove, ao HULA de Lugo, mentres que os outros dous foron levados ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUF), quedando ingresados na UCI do Hospital Montecelo.

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

ÚLTIMAS

Un condutor borracho e drogado foxe tras ter un accidente e choca contra seis coches aparcados na rúa das Fontes

Un condutor ebrio foi interceptado pola Policía Local tras fuxir dun accidente e chocar contra seis...

O PP pide ao Goberno que “amplíe prazos e orzamentos” para a rehabilitación dos barrios da Milagrosa e Feijóo con fondos europeos

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e a deputada lucense no...

Detida unha muller por violencia doméstica ao agredir ao seu home e a outra muller

Unha muller foi detida en Lugo acusada dun delito no ámbito familiar e de lesións por...

Detidos tres veciños de Vilalba acusados de vender pezas de coches por Internet e non remitilas aos seus compradores

A Garda Civil detivo a tres veciños do municipio lucense de Vilalba acusados de vender pezas...