InicioSociedadeO Sergas apoiarase no HULA antes de recorrer a hospitais de campaña

O Sergas apoiarase no HULA antes de recorrer a hospitais de campaña

Este complexo recibiría máis pacientes doutras áreas sanitarias en caso de que aumentase a saturación noutros centros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Servizo Galego de Saúde (Sergas) non prevé “de momento” despregar hospitais de campaña para atender a enfermos de covid-19, xa que continuará cos complexos de Vigo e Lugo como “hospitais de apoio” para o resto de áreas sanitarias.

Na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico deste luns, na que anunciou medidas máis duras para loitar contra a pandemia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que a “estratexia” por agora é “rotar” os pacientes pola rede de centros públicos.

“Temos hospitais, desde o punto de vista sanitario, cun nivel aceptable tanto de ocupación de UCI como de camas covid”, asegurou o máximo mandatario autonómico, quen por iso dixo que cos centros de Vigo e Lugo pódese “beneficiar a aqueles que teñan un nivel de saturación maior”.

Neste sentido, Feijóo insistiu en que “de momento” non hai previsto despregar hospitais de campaña, pero si recoñeceu que, como “caso último”, o Sergas xa ten “perfectamente medido” como facelo. “Sobre todo na Coruña e, secundariamente, en Santiago”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...