InicioSociedadeO Colexio de Avogados pide que os letrados de oficio sexan grupo...

O Colexio de Avogados pide que os letrados de oficio sexan grupo preferente na vacinación

Alegan que no seu labor profesional se expoñen a risco directo porque non sempre se pode manter a distancia de seguridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colexio Provincial de Avogados de Lugo pediu que se considere aos letrados da quenda de oficio como grupo profesional preferente na vacinación da Covid-19 polo seu labor como servizo público esencial e obrigatorio.

Nunha carta dirixida ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e difundida aos medios, o colexio de avogados asegura que a presenza destes profesionais resulta en múltiples ocasións obrigatoria nas diversas dependencias policiais e xudiciais nas que, segundo apunta, con frecuencia “non se pode cumprir as distancias de seguridade” que a situación sanitaria esixe.

Por iso, a misiva asinada polo decano dos avogados lucenses, Félix Mondelo, sinala que estes profesionais teñen que levar a cabo o seu traballo en condicións de risco directo para a saúde.

Así, pide que os avogados da quenda de oficio se equiparen aos grupos de servizos prioritarios, como o caso das forzas e corpos de seguridade do Estado, por acharse nunha situación de risco “idéntica”. “Resulta imprescindible o servizo e as funcións que levan a cabo”, sinala Mondelo, que fai esta petición “sen prexuízo de que se puidese estender a todos os demais colexiados” se así o estima oportuno a Consellería de Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...