InicioSociedadeSeis falecidos pola covid na provincia de Lugo, cinco deles en residencias

Seis falecidos pola covid na provincia de Lugo, cinco deles en residencias

Tres eran da Mariña, dous da Pastoriza e un de Monforte.

PUBLICADA O

Outras 14 vítimas mortais pola covid-19 elevan o número de mortos en Galicia a 1550, nun día no que Lugo, xunto coa Coruña, son as provincias máis afectada, con seis falecidos. Ademais, a maior parte dos mortos, oito, eran usuarios de residencias de anciáns.
Precisamente foi na provincia de Lugo onde a covid se cebou, especialmente, con estes centros de maiores, con cinco falecidos; dúas mulleres de 95 no HULA, que procedían da residencia da Pastoriza, outra de 95 anos na residencia integrada CEGADI que tamén procedía da residencia A Pastoriza, dúas mulleres de 90 e 85 anos na residencia San Bartolomeu de Xove e outra muller de 78 anos na residencia Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo. Finalmente, tamén morreu outra muller de 84 anos no Hospital Comarcal de Monforte.
A Consellería de Sanidade tamén informou de seis falecidos na provincia da Coruña, tres deles tamén de residencias de anciáns; unha muller de 91 anos na residencia DomusVI de Carballo e dúas mulleres de 87 e 94 anos da Residencia de maiores de Ribeira.  Tamén faleceu unha muller de de 85 anos no CHUAC da Coruña, un home de 72 no CHUF de Ferrol e un home de 75 no CHUS de Santiago.
Finalmente, na área de Vigo tamén se reportaron dous mortes. Trátase dun home de 62 anos no CHUVI e unha muller de 85 anos en POVISA.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...