InicioSociedadeRepunta a presión asistencial na área de Lugo, con seis ingresos máis...

Repunta a presión asistencial na área de Lugo, con seis ingresos máis na Mariña

Detectáronse 82 novos casos nas últimas 24 horas e os positivos activos sitúanse nos 1.146.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte rexistra este luns 18 de xaneiro un total de 1.146 casos activos de coronavirus, 48 máis ca os contabilizados onte. Amais diso, o Sergas informa de que nas últimas 24 horas se confirmaron 82 novos positivos a través de PCR.

A situación bate de cheo nos hospitais da provincia, que atenden 50 pacientes ingresados (sete máis ca onte). Deles, 43 están hospitalizados en planta e os sete restantes permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos. Porén, hai tres persoas na UCI do HULA que foron trasladadas dende o Hospital de Ferrol debido ao aumento da presión hospitalaria. 

Amais dos ingresos na unidade de críticos, o HULA conta 19 pacientes en planta. Tamén o da Mariña ten 19 hospitalizacións relacionadas coa Covid-19, o que supón un aumento de seis doentes respecto de onte. Por último, o centro de Monforte mantense con cinco ingresos.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 151 falecidos, 7.054 curacións e 141.309 PCR dende o inicio da pandemia.

GALICIA

Tamén o conxunto da comunidade galega experimentou un aumento na presión hospitalaria. En apenas 24 horas, os ingresos en planta pasaron de 557 a 635, e nas UCI de 98 a 104. Esta escalada de hospitalizacións dáse logo de encadear sete xornadas reportando máis dun millar de novos casos positivos.

+ posts

ÚLTIMAS

Varios sindicatos alertan que os xulgados de lugo están “ao bordo do colapso” pola “nefasta xestión” da Xunta

Os sindicatos CSIF, SPJ-USO, STAJ, UGT e CCOO celebraron unha asemblea con traballadores dos...

Cazados polas cámaras vertendo uralita canceríxena nunha parcela municipal de Castro de Rei

A Garda Civil investiga os ocupantes dun camión que descargaron material con amianto ata en dúas ocasións no polígono de Castro Ribeiras de Lea.

Proposta do PP para rehabilitar vivendas de peóns camineros de Vilalba para aluguer social

Os representantes do PP lucense no Senado José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e...

Os Ancares atesouran un potencial astronómico destacado pola Deputación

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, abriu este xoves...