InicioSociedadeTrasladado este domingo un terceiro paciente do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol...

Trasladado este domingo un terceiro paciente do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol ao HULA de Lugo

Trátase dun enfermo afectado por coronavirus e que estaba ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI)

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un paciente que estaba ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol foi trasladado este domingo a esa mesma zona de máximo coidado do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, segundo trasladaron fontes da Consellería de Sanidade a Europa Press.

Segundo o Sergas, dita medida púxose en marcha en virtude do protocolo de colaboración entre centros sanitarios e recollida no Plan de Continxencia. Ademais, dita decisión tomouse para deixar espazo ante o posible empeoramento dalgúns dos pacientes que están hospitalizados en planta, e tendo en conta que as prazas de UCI están ocupadas nun 65%.

Trátase do segundo trasladado executado este fin de semana, tras o realizado con outros dous pacientes este sábado, día 16, mentres que a mediados de novembro do pasado ano xa se realizou a mesma operación con outro afectado por coronavirus.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...