InicioSociedadeDetido un mozo de 18 anos acusado de agredir sexualmente unha menor...

Detido un mozo de 18 anos acusado de agredir sexualmente unha menor en Lugo

Os feitos ocorreron na mañá de Aninovo na casa duns amigos en común, na que quedaran para almorzar. Foi a familia quen denunciou a presunta violación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de 18 anos de idade foi detido como presunto autor dunha agresión sexual a unha menor de 14 anos o pasado día 1 de xaneiro nunha vivenda da cidade de Lugo.

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá do día de Aninovo, cando ambos se atopaban na casa duns amigos, na que quedaran para almorzar. As mesmas fontes sinalan que foi a familia a que denunciou os feitos o pasado día 2, tras o que se procedeu a tomar declaración a todas as testemuñas que estiveran tanto coa vítima como co acusado.

Logo diso, o mozo foi detido e agora atópase pendente de pasar a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...