InicioSociedadeForte baixada da presión hospitalaria en Lugo ás portas do Nadal

Forte baixada da presión hospitalaria en Lugo ás portas do Nadal

O Sergas realizou nesta xornada 844 probas PCR, das cales se extraeron 26 novos positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de persoas ingresadas con coronavirus nos hospitais da provincia rexistra unha importante baixada ás portas de Nadal: fronte aos 18 pacientes de onte, hoxe son 13. Deles, catro están na UCI do HULA e os outros permanecen en planta, distribuídos da seguinte maneira: sete no HULA, un na Mariña e outro en Monforte.

Porén, se ben o total de casos activos segue á baixa (356, é dicir, catro menos), aumentan os positivos diarios confirmados a través de PCR. Segundo o Sergas, detectáronse 26 casos novos nas últimas 24 horas.

En canto aos falecementos, onte Sanidade comunicaba que unha muller de 95 anos diagnosticada de Covid finaba no HULA. Son xa 146 mortes en Lugo dende o inicio da pandemia, malia que o Sergas compute só 144 (non inclúe o deceso de dous usuarios de residencias que faleceron en Santiago de Compostela).

Por outra banda, ata o momento curáronse 6.339 persoas e realizáronse 119.586 PCR. Delas, 844 probas foron feitas onte (526 máis ca o día anterior).

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...