Home Lugo e contorna Lugo Morre unha muller de 95 no HULA por covid

Morre unha muller de 95 no HULA por covid

0
Morre unha muller de 95 no HULA por covid
Un traballador sanitario nunha ambulancia / Carlos Castro - Europa Press

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste martes catro novas mortes por coronavirus, polo que o total de vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascendeu a 1.350.

En concreto, dous destes falecementos rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e trátase dun home de 88 anos e unha muller de 83.

Ademais, perderon a vida unha muller de 95 anos que permanecía ingresada con covid-19 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e outra de 83 no Hospital Povisa de Vigo. Todos eles presentaban patoloxías previas, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here