InicioSociedadeA alcaldesa de Vilalba pide que se estude o ocorrido nas residencias...

A alcaldesa de Vilalba pide que se estude o ocorrido nas residencias de maiores

Elba Veleiro avoga por repensar o modelo de atención aos nosos maiores unha vez se supere a pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, considerou necesario estudar o ocorrido nas residencias de maiores coa covid cando se supere a pandemia.

Así se pronunciou despois de que na xornada do luns a Consellería de Sanidade notificase o falecemento de dous usuarios do Asilo de Vilalba, residencia na que xa se rexistraron varias mortes tras un gromo que afectou a máis de 130 persoas.

Tras lamentar estes falecementos, a rexedora destacou que a maior parte dos residentes deste centro “fóronse recuperando” como tamén superaron a enfermidade moitos traballadores. “Quedaban poucos casos positivos, a última cifra que tiña eu é que quedaban tres usuarios positivos. Esperemos que aínda que sexa pouquiño a pouco se chegue a normalizar a situación”, subliñou.

REPENSAR O MODELO

En canto ao actual modelo de residencias, no que considera que se está producindo unha “sangría” de afectados pola pandemia, Veleiro asegurou que é preciso “facer un estudo e valorar o que pasou”. “Hai unha circunstancia que non se lle escapa a ninguén e é que son persoas de idade avanzada, con outras patoloxías e son máis vulnerables e sensibles a calquera afectación clínica”, esgrimiu.

A alcaldesa insiste na necesidade de abrir “ese debate” sobre o modelo de centros para maiores no conxunto do país. “É un debate que se debe de facer, porque non ocorre nun só sitio. É un modelo que se repite en moitas residencias”, sinala.

Veleiro considera que esta reflexión se debe levar a cabo unha vez que se normalice a situación. “Haberá que facer unha análise do que ocorreu antes, durante e despois e programar as actuacións a futuro para diminuír ou evitar estas situacións tan críticas”, sostivo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...