InicioSociedadeOs avogados lucenses critican a falta de data para a apertura do...

Os avogados lucenses critican a falta de data para a apertura do novo xulgado do social

O BOE recolle a constitución desta Sala, pero non se indica cando se prevé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sector da xudicatura en Lugo mostrou a súa “frustración” e “enfado” polo feito de que non se definise unha data para a apertura do novo xulgado do social na cidade da muralla na publicación do Boletín Oficial do Estado (BOE) na que se recolle a súa creación.

O decano do colexio de avogados de Lugo, Félix Mondelo, lembrou que tanto a Xunta como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia definiron este órgano como “prioritario” e sinalaron que debía ser dos primeiros que se instalasen na comunidade. “E resulta que aparece no BOE sen data de constitución”, censura.

Mondelo asegurou que lle consta que “tanto o presidente do TSXG como o conselleiro de Presidencia están desgustados porque non hai unha data concreta para poder instalalo cando xa está a dotación, xa están as dependencias previstas e déixannos sen data” para a súa apertura.

O decano de Lugo volveu corroborar que as demoras para os sinalamentos de xuízos, no tres xulgados do social de Lugo chegan ata os dous anos. “A necesidade é perentoria, e pensabamos que ía ser dos primeiros que se ían a constituír con data fixa e resulta que se deixa indefinido. Imos ver si procuramos entre todos que para marzo ou abril xa poida estar en funcionamento”, concluíu.

PUBLICACIÓN NO BOE

Foi a propia subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a que informou o martes da publicación no BOE da creación de esenuevo xulgado que “axudará a aliviar a importante carga de traballo da xurisdición social, que se agravou como consecuencia da crise producida pola pandemia”.

Precisamente, un documento onde se nomea ao presidente do TSXG, José Gómez-Díaz Castroverde, que expresa a “grave preocupación” da comisión da sala de goberno do alto tribunal, “pola indefinición para a entrada en vigor dos xulgados do social creados en Lugo, A Coruña e Vigo”.

“Ditos xulgados considéranse de prioritaria posta en funcionamento, tendo en conta as cargas de traballo que soportan as referidas cidades, e o gasto que supoñen os reforzos actualmente existentes”, reza o escrito dirixido polo alto tribunal galego ao Ministerio de Xustiza.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...