InicioSociedadeDetectado un gromo de trinta contaxios na residencia de Vilalba

Detectado un gromo de trinta contaxios na residencia de Vilalba

A Xunta procederá á intervención do centro. Os positivos foron rexistrados tras un cribado a conta do positivo dunha traballadora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novo caso de gromo nunha residencia no territorio galego. A residencia de Vilalba detectou un total de 30 contaxios logo de realizar un cribado masivo polo positivo dunha traballadora. A Xunta intervirá o centro pola “delicada situación”, segundo fontes municipais.

O concello de Vilalba permanece en alerta vermella por incidencia de coronavirus e mantense baixo unha vixilancia especial por parte de Sanidade. Aínda así, de momento non se endureceron as restricións neste termo municipal.

O anuncio deste gromo chega nunha xornada en que Galicia, logo de máis de dez días de tendencia á baixa, volveu rexistrar unha repunta nos casos activos de Covid-19 das últimas 24 horas. Por outra banda, a comunidade galega segue a contar con máis de 100 ingresados por covid-19 nas Ucis das catro provincias.

Porén, no caso de Lugo, o coronavirus deu hoxe un leve respiro á provincia: menos contaxios e menos casos activos. Ademais, baixaron as hospitalizacións. Non obstante, estes datos deben ser analizados con cautela, pois a Consellería de Sanidade e o comité de expertos insisten en que a situación de Lugo segue sendo preocupante.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...