InicioSociedadeBaixa a presión asistencial na área de Lugo, que tamén notifica menos...

Baixa a presión asistencial na área de Lugo, que tamén notifica menos contaxios

En Galicia aumentan os novos positivos diarios ao dispararse os casos en Vigo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixa ata os 1.072, 28 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Redúcese tamén o número de contaxios, malia seguir elevado: nas últimas 24 horas confirmáronse 51 novos positivos a través de PCR.

Do total de contaxiados, 50 persoas permanecen hospitalizadas (nove menos). O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 29 pacientes en planta e cinco na UCI; o da Mariña coida de 10; e o de Monforte, de 6.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 115 falecementos relacionados coa pandemia. No día de onte, Sanidade non notificou ningunha morte na provincia de Lugo.

Ademais, ata o momento curáronse 4.420 pacientes e fixéronse 95.009 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 784 probas.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega volven subir os positivos diarios ata os 667, ao dispararse os contaxios detectados en Vigo. Esta área sanitaria informou de máis do 40% dos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia. O total de casos activos soben en 47 e sitúanse en 9.098.

En cambio, segundo os últimos datos do Sergas, diminúe lixeiramente a presión asistencial, con 472 hospitalizados (catro menos) e 101 persoas na UCI (un menos).

En Galicia faleceron dende o inicio da pandemia 1.107 persoas. Onte comunicáronse 15 decesos.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...