InicioSociedadeVolven os aseos portátiles ás rúas de Lugo ante o peche prolongado...

Volven os aseos portátiles ás rúas de Lugo ante o peche prolongado da hostalaría

O Concello instalará dúas cabinas máis ca as colocadas durante o anterior estado de alarma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo instalará 13 cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade para dar resposta a unha demanda veciñal xurdida a raíz do peche dos locais hostaleiros.

Como xa fixeramos durante o estado de alarma decretado polo Goberno Central en marzo, dende o Concello procedemos á instalación de aseos portátiles”, apuntou o responsable da área de Medio Ambiente, Álvaro Santos.

Colocaranse dúas cabinas máis ca na anterior ocasión: unha no Centro Social da Milagrosa e a outra no polígono industrial do Ceao. Ademais, oito delas están adaptadas ás necesidades das persoas con mobilidade reducida. A previsión é que permanezan dispoñibles ata o 11 de decembro.  

O concelleiro sinalou tamén que “as cabinas serán aseadas e desinfectadas, tanto interior como exteriormente, dúas veces ao día cunha unidade móbil que fará unha limpeza con vapor, chorro a presión e reposición de tódolos materiais que contén como auga, xabón, papel hixiénico e mesmo ambientador”.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...