InicioSociedade'Si Hai Saída' critica o funcionamento da Policía Nacional de Lugo na...

‘Si Hai Saída’ critica o funcionamento da Policía Nacional de Lugo na loita contra a violencia machista

A presidenta da asociación responsabiliza o actual comisario, José María Esteban Corral : "Constatamos quee volvemos a ese concepto de institución machista, pechada, na que só teñen cabida os colectivos de ben".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da asociación Si Hai Saída, Marta Rodríguez Engroba, queixouse este venres do funcionamento da Comisaría da Policía Nacional de Lugo coas vítimas de violencia de xénero e avanzou que xa solicitou unha reunión coa subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez.

Rodríguez Engroba responsabilizou diso ao actual comisario, José María Esteban Corral. Segundo lembrou, nos inicios da asociación a “integración coa policía foi estupenda, naquel momento dirixida por unha persoa moi implicada coa violencia de xénero”. “Era unha comisaría normalizada, onde as mulleres podían acudir a pedir consello sen ningún medo porque ían ser atendidas con agarimo”, subliñou.

Porén, esta situación mudou fai un “par de anos” co “cambio de responsable da comisaría”. Dende aquel momento, din, notan que non todos os axentes encargados de combater a violencia de xénero o fan de bo grao.

“Constatamos que volvemos a ese concepto de institución machista, pechada, na que só teñen cabida os colectivos de ben, sen ter en conta a unha asociación como a nosa que o único que esixe é unha atención correcta ás vítimas de xénero, unha protección á que teñen todo o dereito”, sinalou Rodríguez Engroba.

A presidenta do colectivo tamén se queixou de non ter interlocución co comisario, ao que engadiu: “O que non se pode permitir é que un comisario che diga que non vaias como presidenta de Si Hai Saída a acompañar unha vítima“.

“Suponse que estamos todos traballando cun fin común que é axudar ás mulleres, e o comisario debería de falar connosco, pero desde que chegou a Lugo díxonos claramente que non ten tempo a reunirse connosco. A única vez que o conseguimos foi cando pedimos axuda á subdelegada para unha reunión pero non sacamos nada en limpo”, afeou.

DENUNCIA POR REVELACIÓN DE SEGREDOS

Ademais, a activista lembrou unha denuncia que lle presentaron desde a comisaría a ela por “revelación de segredos” no acompañamento dunha vítima, o que lle levou a pedir outro encontro coa subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez. Marta Rodríguez Engroba apelou a que ela ten unha vida “fóra da asociación” e que a denuncia a podería prexudicar: “Teño unha profesión e unha actividade laboral relacionada ademais con datos confidenciais de persoas”.

“Imos pensar un pouquiño coa cabeza, polas repercusións que unha denuncia de tales características pode traer. Eu tamén teño unha familia, tamén teño unhas relacións persoais e unha denuncia como revelación de segredos non pode ser que poña en dúbida o traballo dunha asociación na que levamos máis de seis anos por e para as vítimas, non para conseguir subvencións nin para saír nas fotos e alcanzar notoriedade”, clamou finalmente a presidenta de Si Hai Saída.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...