InicioSociedadeNova repunta dos contaxios en Lugo, que xa contabiliza máis de mil...

Nova repunta dos contaxios en Lugo, que xa contabiliza máis de mil casos activos

Sanidade confirma 72 novos positivos e indica que hai 42 persoas ingresadas (5 na UCI).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos alcanza os 1.016 casos activos por coronavirus (+53) nunha xornada na que volveu medrar o número de positivos detectados. En concreto, Sanidade informa de 72 diagnósticos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

Así se reflicte nos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste mércores con cifras ata as 18:00 horas do martes. Esta suba no número de contaxios prodúcese logo de dous días con tendencia á baixa (26 novos casos o martes e 39 o luns fronte aos máis de 100 do sábado e o domingo).

De acordo ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), na área de Lugo hai 42 pacientes ingresados (+1 respecto de onte), das cales cinco permanecen na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). O HULA atende, así mesmo, 25 persoas en unidades de hospitalización; o Hospital da Mariña, 14; e o de Monforte, 3. Ata a data de hoxe curáronse 3.454 persoas e fixéronse 82.133 PCR.

Na tarde de onte tamén se coñecía que a provincia de Lugo superaba o centenar de falecidos tras o deceso de dúas mulleres, de 89 e 91 anos, que foran diagnosticadas con Covid-19.

Ademais, o comité clínico decidía manter as restricións vixentes dende o venres e que afectan, entre outras, ao peche perimetral das cidades galegas.

GALICIA

Os datos da Consellería de Sanidade para a comunidade amosan que Galicia volve superar os 600 novos positivos diarios, polo que serían xa 9.642 casos activos (+266 respecto do anterior reconto). As mortes subiron a 951 tras os sete falecementos comunicados a pasada tarde.

Do total de positivos, hai 563 en hospitais con 80 persoas nas Unidades de Coidados Intensivos (+1).  Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...