InicioSociedadeGalicia mantén os peches perimetrais nas cidades galegas

Galicia mantén os peches perimetrais nas cidades galegas

O concello de Lugo seguirá tendo a mobilidade restrinxida polo menos ata a vindeira reunión do comité, prevista para o venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité clínico decidiu manter en vigor todas as restricións vixentes en Galicia para conter os contaxios por Covid-19, incluído o confinamento perimetral das grandes cidades.

Segundo informaron fontes da Consellería de Sanidade, tras unha reunión de máis de catro horas de duración, o comité clínico “mantén as restricións e seguirá tomando decisións nos próximos días“. A próxima reunión dos asesores en materia sanitaria está prevista para o vindeiro venres.

A Xunta decidiu o pasado venres impoñer un confinamento perimetral das sete grandes cidades galegas e algúns municipios limítrofes, así como do concello coruñés de Vimianzo, que se engadiu ao das comarcas ourensás de Verín e O Carballiño, co obxectivo de conter a expansión do virus.

Así, desde as 15,00 horas do pasado venres, en torno ao 45% da poboación galega non pode saír do seu concello e en varios municipios as reunións están limitadas a só persoas que viven baixo o mesmo teito. É o caso do concello de Lugo.

Ademais, continúa a prohibición de mobilidade en toda a comunidade se non é por causa xustificada entre as 23:00 e as 6:00 horas e o nivel dous impide as reunións sociais de máis de cinco persoas en toda Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...