InicioSociedadeControlado e estabilizado o foco de orixe familiar con 18 casos en...

Controlado e estabilizado o foco de orixe familiar con 18 casos en Meira

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello lugués de Meira e outros municipios da zona rexistran un brote de covid-19 que nestes momentos ten 18 casos activos, segundo as cifras ofrecidas este venres polo tenente de alcalde de Meira, Agustín Méndez.

No entanto, segundo o responsable local, a Consellería de Sanidade dá a situación por “controlada” ao estabilizarse o número de persoas contaxiadas, que permanece en 18 desde “principios de semana”.

“O que nos transmiten (desde Sanidade) é tranquilidade e seguir respectando as medidas que hai impostas. Esperamos que quede aí ese brote”, expresou Agustín Méndez, que destacou a implicación dos veciños para frear a expansión do brote.

“(Os veciños) Non se moveron tanto, están a ser coidadosos e con moito respecto. A vida continúa, temos que seguir movéndonos coas medidas que hai que tomar”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...